Pontes transoceânicas

Uf. Mellor non vos conto como me vai a entrada de ano. Pouco tempo para escribir e ánimo tocado. Non me preguntar por que. Non saberia que responder.

Ben. Para saírmos desta, aquí me/vos dedico unha homenaxe en forma de nova selección musical no radioblog. Máis temas brasileiros, un pouco de todo, MPB e cousiñas máis actuais con diferentes focos, algunha voz marabillosa pola banda de Portugal e ritmos con ascendencias africanas de oriente e de poñente.

En breve prometo datos frescos, recén saídos do forno, sobre como somos a comunidade blogueira en galego. A estatística definitiva! ;-)

Metablogueando, por aquí, por alá…

8.27 pm

5 Comentarios »

  1. debería saber vostede que pode ter unha cita o 5 de marzo en Ourense… daquela van “chover fados”… busque, busque

    Comentario por alfama — 2006-01-14 @ 1.17 pm

  2. en Ou?? ei, a min avisádeme! xD

    Comentario por Aultre Narai — 2006-01-14 @ 10.09 pm

  3. Alfama, non debería obrigarme a facer semellantes esforzos investigadores á miña idade.

    E menos despois de andar procurando máis de 700 blos pola rede galega. Tou exhausto.

    Aultre Narai, non dubide que se choven fados en Ourense o dito día 5 Vostede non irá perder o espectáculo. Falamos 21.

    Comentario por Calidonia — 2006-01-16 @ 10.00 pm

  4. Leva razón vostede… Así que, aínda que só sexa polo esforzo do reconto e a investigación blogueira, e engadindo ademais a algunha corrección á miña información, apunte se así o consider:

    4 de marzo, venres, 20:30 no Auditorio Municipal de Ourense: Mariza. As entradas xa están a venda en Caixanova.

    O día seguinte pode ser que na Coruña, mais semella non estar confirmado… De todos os xeitos, sempre queda o de coller o avión e aterrar en Holanda ou Alemaña. Máis información en http://www.mariza.org.

    Agardo que o comezo co fado faga deste un gran ano. Saúdos.

    Comentario por alfama — 2006-01-17 @ 1.45 pm

  5. mimá! vaia blog mas ben feitiño, non coma o meu, que eche da época do espectrum i e que eu qedeime co llostic i estas modernías aínda non as controlo moito, pero pouco a pouco irei saíndo adinte.
    Graciñas, e moi tan ajradable recibir verbas dende o outro lado da ría como bañarse no rostro un día de vran.

    e non esquezas ir tomar o café o terranova.

    insomniorizar

    Comentario por bagoa — 2006-03-14 @ 6.30 pm

RSS semente para comentarios a esta anotación. | TrackBack URI
You can also bookmark this on del.icio.us or check the cosmos

Deixa un comentario

XHTML ( You can use these tags): <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong> .

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture. Click on the picture to hear an audio file of the word.
Click to hear an audio file of the anti-spam word