Pontes transoceânicas
Data de publicación: 13 de Xaneiro de 2006Category: atlantico, lingua, musica
Uf. Mellor non vos conto como me vai a entrada de ano. Pouco tempo para escribir e ánimo tocado. Non me preguntar por que. Non saberia que responder.
Ben. Para saírmos desta, aquí me/vos dedico unha homenaxe en forma de nova selección musical no radioblog. Máis temas brasileiros, un pouco de todo, MPB e cousiñas máis actuais con diferentes focos, algunha voz marabillosa pola banda de Portugal e ritmos con ascendencias africanas de oriente e de poñente.
En breve prometo datos frescos, recén saídos do forno, sobre como somos a comunidade blogueira en galego. A estatística definitiva!
Metablogueando, por aquí, por alá…
Esta anotación publicouse o Venres 13 de Xaneiro de 2006 ás 8.27 pm e arquivouse en atlantico, lingua, musica. Podes seguir os comentarios desta anotación a través do fluxo RSS 2.0. Podes deixar un comentario, ou deixar un rastro desde o teu propio sitio web.


5 comentarios a “Pontes transoceânicas”
debería saber vostede que pode ter unha cita o 5 de marzo en Ourense… daquela van “chover fados”… busque, busque
en Ou?? ei, a min avisádeme! xD
Alfama, non debería obrigarme a facer semellantes esforzos investigadores á miña idade.
E menos despois de andar procurando máis de 700 blos pola rede galega. Tou exhausto.
Aultre Narai, non dubide que se choven fados en Ourense o dito día 5 Vostede non irá perder o espectáculo. Falamos 21.
Leva razón vostede… Así que, aínda que só sexa polo esforzo do reconto e a investigación blogueira, e engadindo ademais a algunha corrección á miña información, apunte se así o consider:
4 de marzo, venres, 20:30 no Auditorio Municipal de Ourense: Mariza. As entradas xa están a venda en Caixanova.
O día seguinte pode ser que na Coruña, mais semella non estar confirmado… De todos os xeitos, sempre queda o de coller o avión e aterrar en Holanda ou Alemaña. Máis información en www.mariza.org.
Agardo que o comezo co fado faga deste un gran ano. Saúdos.
mimá! vaia blog mas ben feitiño, non coma o meu, que eche da época do espectrum i e que eu qedeime co llostic i estas modernías aínda non as controlo moito, pero pouco a pouco irei saíndo adinte.
Graciñas, e moi tan ajradable recibir verbas dende o outro lado da ría como bañarse no rostro un día de vran.
e non esquezas ir tomar o café o terranova.
insomniorizar