Ao celtismo pola xenética
Data de publicación: 30 de Decembro de 2005Category: atlantico, lugares, raices
Comecei este blog falando da querencia do pobo irlandés por estas cálidas paraxes do Sur. Ben, xa sabedes que esa só e unha parte da historia. É o xeito que teñen aló de expresar a saudade e a morriña pola terra de onde procedían os seus antergos. Esta é a outra parte.
Si, estou a falar de Brath, Breagon, Ith e Bile, Mil e a súa prole. A nosa particular lista de reis; celtas no canto de godos. Porén, algo de realidade hai nisto.
A poboación da metade norte do continente europeo, incluídas as illas, provén da metade sur. Esta teoría remítese ao fin da última glaciación, período a partir do cal os continxentes humanos repoboarían a metade norte en continuas e sucesivas migracións desde o sur.
Existen argumentos científicos baseados na xenética. O que aquí comento (se non o interpretei mal) non fala tanto de relacións ou de vínculos, senón de diversidade. Isto é, a permeabilidade ou impermeabilidade dos humanos asentados nun territorio ao longo do tempo. Este gráfico tireino dun artigo aloxado aquí, no que participaba xente do Instituto de Medicina Legal da USC.
O que se fixo foi medir a presenza de determinados haplogrupos no ADN ao longo dunha mostra de milheiros de persoas (existen base de datos centralizadas e partilladas polos/as investigadores/as). Pódese ver que a poboación do territorio Galiza (GA) ten un grao de diversidade moi semellante ao de Gales (WA), Escocia (SC), Irlanda (IR), e, en menor medida, ao resto das nacións celtas. Pero, aléndiso, vese que Islandia (IC) e Suecia (SE) tamén andan moi perto. A razón é que os continxentes humanos que poboaron o noroccidente europeo proviñan do propio suroccidente europeo, e partillan as mesmas características xenéticas.
Como noutras cousas, moitas e boas, os Bascos (BA) sáense.
Esta anotación publicouse o Venres 30 de Decembro de 2005 ás 8.01 pm e arquivouse en atlantico, lugares, raices. Podes seguir os comentarios desta anotación a través do fluxo RSS 2.0. Podes deixar un comentario, ou deixar un rastro desde o teu propio sitio web.



7 comentarios a “Ao celtismo pola xenética”
e non entendo moi ben este mapiña…
a que se refire con españa norte? porque non incluirá ao país basco, non?
e por que aparece galiza máis perto de gales que de portugal norte?
non entendo, de verdade que non o entendo…
isto da xenética é un pouco como as estatísticas, segundo como se interpreten poderá dicir unha cousa ou outra…
eu sospeito que como galeg@s hai en tódalas partes do mundo, galiza debería estar preto de tódolos países… non? ;-p
(ou tódolos países preto de galiza)
concordo totalmente com “lúa”. esse estudo vale por levantar o problema, não por resolvê-lo. é preciso continuar a investigar. mas é como “lúa” diz: a genética é um pouco como as estatísticas…
Celtic languages are now spoken only on the Atlantic facade of Europe, mainly in Britain and Ireland, but were spoken more widely in western and central Europe until the collapse of the Roman Empire in the first millennium A.D. It has been common to couple archaeological evidence for the expansion of Iron Age elites in central Europe with the dispersal of these languages and of Celtic ethnicity and to posit a central European “homeland” for the Celtic peoples. More recently, however, archaeologists have questioned this “migrationist” view of Celtic ethnogenesis. The proposition of a central European ancestry should be testable by examining the distribution of genetic markers; however, although Y-chromosome patterns in Atlantic Europe show little evidence of central European influence, there has hitherto been insufficient data to confirm this by use of mitochondrial DNA (mtDNA). Here, we present both new mtDNA data from Ireland and a novel analysis of a greatly enlarged European mtDNA database. We show that mtDNA lineages, when analyzed in sufficiently large numbers, display patterns significantly similar to a large fraction of both Y-chromosome and autosomal variation. These multiple genetic marker systems indicate a shared ancestry throughout the Atlantic zone, from northern Iberia to western Scandinavia, that dates back to the end of the last Ice Age.
Aquí tendes o resumo do artigo, e aquí a versión íntegra en PDF.
miña nai. éche complicado…
sen palabras quedei.
PArabens polo artigo e polas explicacions Calidonia!
Eu hacho moi interesante todo o que ti dis. Xa lera o ano pasado un artigo no Herald Tribune onde cientificos galegos proclamabanse galegos! Pero nunca vira o mapa!
PARABENS TAMEN POLO BLO! un dos milhores que atopei nos ultimos tempos! Artigos interesantes e boas ideas!
Segue a trabalhare asi
deica
kiko das leiras
cometin un erro!
queria dicir que cientificos irlandeses proclamabanse galegos!
apertas
Estas son algunhas noticias relacionadas con esta anotación que foron publicadas desde que realicei esta anotación:
Galicia é unha das comunidades xeneticamente máis uniformes (o estudo pódese descargar en PDF).
DNA shows Scots and Irish should look to Spain for their ancestry (Vía O Voceiro)
We’r not celts at all but galicians
Celts descended from Spanish fishermen, study finds (Vïa Chuza!)
English, Irish, Scots: They’re All One, Genes Suggest (Vïa Chuza!)