Topónimos
De verdade aínda non falei nunca no blo deste miña primeira e máis vella afección?
Comecei, coma en case todo o que me gusta, de xeito autodidacta. Non se trataba de saber a orixe ou o porqué dos nomes dos lugares onde vivía, non. Foi máis ben a curiosidade a que me levou a atopar sentido e coherencia nas identidades e proximidades lingüísticas do galego e do portugués, e aque me inclinou a xogar coas relacións lóxicas entre palabras, étimos e demais. Tamén me moveu, non o nego, un certo ánimo de xustiza histórica: endereitar a desfeita deturpadora da toponimia galega.
Así fun creando as miñas propias teorías; algunhas risíbeis hoxe, outras asombrosamente certeiras (cando menos para min, que non son filólogo, historiador nin nada polo estilo).
Lin artigos e cousas moi raras por aí; a peor, unha publicación do Anuario Brigantino, innecesariamente técnica e francamente tediosa. Todo o contrario dun texto divulgativo.
Asistín a algunha conferencia; lembro unha en Portas Ártabras, hai uns anos, cando traballaba na Coruña, dun home que era mestre e estivera varios anos no Brasil. Alí viu a luz, dixo, aprendeu máis do galego aló que en Lisboa, onde tamén residira algunha vez. Non lembro o nome del, mágoa.
Merquei dous libros; ambos de Fernando Cabeza Quiles: Os nomes de lugar. Topónimos de Galicia: a súa orixe e o seu significado (Vigo: Xerais, 1992) e Os nomes da terra. Topónimos galegos (Noia: Toxosoutos, 2000). Deste teño dous exemplares, pois meu pai regaloumo sen saber que o comprara. E é que xa daquela lle tiña rompido a cabeza algunha vez coas miñas deduccións e teorías.
Sempre que viaxo dun lado a outro do País, e mesmo fóra, a teima toponímica é o único pasatempo que invariabelmente me acompaña. Contemplo os indicadores dos lugares e tento inducir e deducir relacións de xeito case automático.
Tiña un pouco esquecido este costume, até que hai un meses dei con este MAGNÍFICO blog: Toponímia Galego-Portuguesa e Brasileira, da autoría dun médico português chamado José Cunha Oliveira. Alí aprendín en moi pouco tempo case tanto como cos libros de Cabeza Quiles, e vou aproveitando para remoer con el algúns topónimos galegos. O blog so ten unha pexa: non está licenzado baixo Creative Commons. Se sigo escribindo nel vou ter que acabar por convencelo de que adopte o noso Copiceibe.
O comentario que deixou Lúa lembroume que, efectivamente, hai un equipo científico de traballo, capitaneado por Gonzalo Navaza e formado por xente abondo preparada, investigando a nosa toponimia (tamén a micro). Non sei se Gonzalo Navaza ten blog. A torre de derrota é un libro seu que conecta moi ben coa esencia lúdica da toponimia e das palabras en xeral. Hai un blo homónimo, A Torre da Derrota, pero semella ser doutra autoría.
Xa hai varios anos que escoitei que estaban preparando unha sorte de dicionario de topónimos, do que nunca máis souben. É un libro valioso moi esperado, sen dúbida. Pero confésovos que dame algo de medo. Un dos maiores atractivos deste pasatempo meu é que de cando en vez tamén se lle pode levar a contraria aos estudosos aplicando só o sentido común e algo de coñecemento do idioma. Acho que o interesante sería unha especie de wiki onde todas as posibilidades críbeis sobre a orixe ou significado dos topónimos máis opacos foran recollidas e contrastadas por especialistas. A miña experiencia me demostra que varias cabezas van máis aló do que unha, sobre todo neste terreo, e que desa forma teríase unha ferramenta moi didáctica e divulgativa que axudaría á nosa xente a coñecer e aprender o seu pasado.
Estas son outras ligazóns de interese para quen queirades profundar nisto:
- Toponimia oficial - Nomenclátor
- Celtiberia.net
- Xenealoxía.org
- ... (indícame algunha que coñezas)
Un consello. Isto da toponimia ten a ver co sentido común, co instinto, coa arte, coa mística, coa lóxica e coa imaxinación. É un divertimento para mentes inquietas. Pero seguro que encontrades quen lle dea moito, moito valor.
chúzame -
17 Comentarios »
RSS semente para comentarios a esta anotación.
| TrackBack URI
You can also bookmark
this on del.icio.us or check the cosmos
e por que non tes pons en contacto con gonzalo navaza.
el sabe moito de microtoponímia. non sei se ten algo publicado ou non.
e o gonzalo navaza, terá blog?
Comentario por
lúa — 2005-12-30 @ 10.29 am
Levo un tempo seguíndoo polo bloglines . Sempre dubidara da orixe de Viladesuso, en Oia e eis que o outro día deu a solución.
Comentario por
opaco — 2005-12-30 @ 11.03 pm
Servizo público!
Comentario por
Calidonia — 2005-12-30 @ 11.43 pm
desculpa.
non entendo.
a que blog te estás a referir?
Comentario por
lúa — 2005-12-31 @ 12.09 pm
Refírese a un dos posts do blogue sobre toponimia galego-portuguesa e brasileira, que explica o signficado das terminacións suso, susá, xusá…
Comentario por
Calidonia — 2005-12-31 @ 1.42 pm
Calidonia
Assim como voce eu tambem acompanho o Blog do Dr.Jose da Cunha Oliveira e me divirto de montao .
Vou agora acompanhar o seu , muito interessante .
Gostaria de sugerir que publiquem diretamente na Wikipedia usando o topico da vila freguesia ou aldeia , que existem mas sao muito resumidos.
Um abraco desde S.Paulo
Comentario por
Jo Lorib — 2005-12-31 @ 10.01 pm
Pois é. A versão da Wikipedia em galego, a Galipedia, tem muita falta de conteúdos concelhios e locais. Mas no terreno da toponímia acho que o interessante é un enfoque plural como o do Doutor, procurando pontos em comum entre Galiza, Portugal, Brasil, Angola, Moçambique… pois no fim tudo é a mesma coisa, e as distintas grafias ou idiomas non deviam ser un factor de independência, antes de posta em comum do saber e de aprendizagem, não é? Tenho que olhar na Wikipedia se é posíbel e como partilhar conteúdos entre versãos en diferentes idiomas ou grafias, pois quen aqui escreve não é un grande especialista nessa ferramenta. Cumprimentos para além mar!
Comentario por
Calidonia — 2006-01-02 @ 10.48 am
A toponimia e un tema que me encanta coma o da orixe das palabras.
Feliz ano 2006.
Comentario por
acedre — 2006-01-02 @ 5.42 pm
ok. tem toda a razão. já estou licenciado no creative commons. um Ano Bom para todos os Galegos, Portuguesers e Brasileiros.
Comentario por
o viajante — 2006-01-02 @ 7.25 pm
Boa decisión, a boa fé.
Comentario por
Calidonia — 2006-01-05 @ 1.49 pm
Moi interesantes os teus consellos. Eu pola miña banda vou tratar de traballar (O tempo é o problema¡) co Catastro da Ensenada (1752-1756), hai estan caseque tódolos microtoponimos das fregresias galegas.
Comentario por
Xavier — 2006-01-10 @ 6.54 pm
Eu tamén teño dous exemplares do libro de Toxosoutos. É un tema este que sempe me gustou moito, aínda que moitas das veces non concordo coas explicacións académicas. Un tema moi interesante é a ‘toponimia popular’. A explicación popula do nome dos lugares.
Parabéns polo blogue.
Comentario por
Nemeth — 2006-01-15 @ 6.45 pm
Hola: A propósito de los topónimos me gustaría matizar una cosa: Soy licenciado en historia y he manejado material del siglo XIII donde en el fuero de la ciudad de La Coruña ya aparece fundada con el toponimo en castellano. Se debe, pues, a que el nombre en castellano tiene artículo LA y por tanto el topónimo a coruña es, en realidad, una galleguización del topónimo en castellano. El topónimo en galego (Cruña) no tiene en absoluto artículo. me gustaría que se reflexionase sobre esto, porque yo soy enemigo de nombres artificiales como sanjenjo y con coruña pasa lo mismo.
Gracias
Comentario por
David — 2006-01-19 @ 5.28 pm
Home!, Davidd, que te tiña por aquí esquecido.
Concordo contigo en que nós, en galego, en castelán ou en calquera outro idioma deberíamos dicir Porto e non Oporto, London e non Londres, Moscova e non Moscú… Coruña/Cruña sen artigo. Até aí tudo bem.
Agora ben, que me fales dun foro da cidade que no século XIII pon La Coruña… A min sóame un pouco á historia do Adelantado don Rodrigo Díaz de Carreras, que quería fundar Caracas. E xa estaba fundada.
Asentamentos humanos na cidade de/da Coruña/Cruña hai desde tempos inmemoriábeis, con foro ou sen foro, e en todo caso un título outorgado por unha monarquía allea que comezaba a empregar o castelán, non quer dicir máis nada que adaptaron o nome galego-portugués da cidade de aquel entón á lingua da monarquía.
Pero xa debía ter nome, posto polos seus poboadores, en galego-português, non achas?
Comentario por
Calidonia — 2006-01-26 @ 2.18 am
Ola! Achei por casualidade o teu blog e atopei este post sobre toponimia. A min tamén me gusta moito a etimoloxía das palabras, e coido que os libros de Cabeza Quiles poderían ser interesantes. Cal dos dous me recomendas?
Saúdos!
Comentario por
Crunia — 2006-04-13 @ 9.35 am
Pois Crunia, eu gosto particularmente máis do primeiro, pero contrariamente ao que escribín un día resulta que está esgotado e descatalogado, e encontralo debe ser un exercicio propio de rato de biblioteca.
O segundo tamén está ben, conste, aínda que trata topónimos menos atraíantes para os que comezan a ler cousas sobre estes temas, e fai bastantes referencias ao primeiro libro.
Encantado de saudarte
Comentario por
Calidonia — 2006-04-14 @ 12.25 am
Novidades.
Neste artigo aparece a información máis completa que teño lido sobre os traballos que está a facer a Comisión de Toponimia na recompilación da microtoponimia galega por concellos.
Comentario por
calidonia — 2007-01-05 @ 5.36 pm