queimada.es

Data de publicación: 27 de Decembro de 2005
Category: atlantico, intres, poesia, raices, revival

queimada.es_1Lume lumiña,
que verde camiña
da frag’á lareira
e faise lumeira.
Lume de quentura
prá nosa fartura;
lume bençoada
que roda a queimada.

Pingota de orballo
folla de carballo;
auga do agoiro
mel do fervedoiro.
Cerqueira de lume,
sen trasno nin fume;
nin bruxa chuchona,
nin meiga dentona.

queimada.es_2Rolar muiñeiro,
chiscar faisqueiro;
moxena lumiosa,
vagalume rosa;
viradoira de lus
faremos a crus.

Polo ar da sorte
que escorrenta a morte;
pola auga da vida
que sanda a ferida;
pola herba moura
que busca a tesoura;
pola pedra do raio
que mata o meigallo.

queimada.es_3Lume, lume, lume;
lume lumeada
para aloumiñar
a queimada queimada,
na vira virada
do burbullear.

Polo San Silvestre
de pao de cipestre
chaga de San Roque,
can e palitroque.
Polo San Andrés
e, polo Sant-Iago,
nun reviravés,
queimada che fago,
e, queimada, es.

XOSÉ MARÍA PÉREZ PARALLÉ

O esconxuro máis auténtico da queimada, o menos ghastado e que non rende dereitos de autor coma o outro ;-)

Esta anotación publicouse o Martes 27 de Decembro de 2005 ás 8.58 pm e arquivouse en atlantico, intres, poesia, raices, revival. Podes seguir os comentarios desta anotación a través do fluxo RSS 2.0. Podes deixar un comentario, ou deixar un rastro desde o teu propio sitio web.

Deixa unha resposta