Días de radio

Data de publicación: 23 de Decembro de 2005
Category: media, musica, rede, revival

dias_de_radioPois si. Velaquí o meu agasallo de Nadal pra todos/as vós. Aquí ao lado, á esquerda. Un radiobló cortesía de radioblog “tuneado” grazas a este titorial.

Un sempre desexou pasar o Nadal na praia (lebrades a miña primeira transmisión), así que como un ano máis iso non vai ser posíbel regálovos un pouco de música brasileira coa que transportase aló. A min funcióname. Probade.

Por se non vos destes conta, tendes máis abaixo á esquerda a sección Ondas, onde podedes experimentar outros radioblós que fun xuntando ao navegar pola rede galega.

A miña primeira selección de 10 temas está entresacada dunha transmisión anterior. Quería que esa fose a música de baile da voda de meu irmán. Pero gañáronme pola man Los Rodríguez no valse e Rosendo na barra libre. Que se lle vai facer.

Pensei en poñer a indispensábel e inesquecíbel “Last Christmas” de WHAM, pero por sorte para vós resistín a tentación. Eses 80…! Outro ano, se callar.

Boas festas a tutti quanti.

Esta anotación publicouse o Venres 23 de Decembro de 2005 ás 11.36 am e arquivouse en media, musica, rede, revival. Podes seguir os comentarios desta anotación a través do fluxo RSS 2.0. Podes deixar un comentario, ou deixar un rastro desde o teu propio sitio web.

5 comentarios a “Días de radio”

#1

e como se pode facer para incluir un radioblog coma este no meu blog?

como funciona?

#2

Pois como estás no blogger terías que ir ao menu de modelo (ou plantilla, non sei como aparece encastelán porque eu utilizo a versión en portugués) e editar html a man.

O que hai que facer exactamente aparece na ligazón que puxen. O máis complicado é atopar un sitio onde gardar os arquivos do programa radioblog (1) e das cancións (2).

Eu aproveitei un servidor que me emprestaron uns amigos e no mesmo sitio teño as dúas cousas. Na ligazón que inclúo explican como facelo con servidores gratuítos en dous lugares diferentes.

Pouco máis podo dicirche porque eu tampouco son un grande especialista. Pero se tes algunha dúbida escribe aquí.

Mirámonos

#3

poderías repetir ou re-editar o vínculo que non aparece nada?

graciñas.

#4

Desculpas mil.

Faltáballe o l final de hmtl na ligazón.

Xa está corrixido.

Lémonos, pois ;-)

#5

Novidades.

Este radioblogue tivo só uns meses de vida, até que mudei o aloxamento do blogue desde Blogger (Blogspot) para Blogaliza. Mais pode voltar algún día ;-)

Deixa unha resposta