En volvendo á casa

Data de publicación: 28 de Novembro de 2005
Category: atlantico, intres, lingua, lugares, poesia

en_volvendo_a_casaO meu camiño é:

paso decidido de antemán
que nunca dou
por medo a pisar raia

sombra que esvae nas lousas
mentres esvara
sobre si propia

claustro prohibido que enxergo
por cima do ferro labrado

último chanzo de prata
que aparece sen avisar

lufadas que me levan ao garete
cara á praza onde estalica a alma

pingas todas
que caen
coa música da que risca unha corda

seiroxa que delampa o mencer
nas costas do camposanto

ponte sobre o río
que un día nos ha de xuntar

Meu fogar
é você.

A imaxe foi tirada de aquí

Esta anotación publicouse o Luns 28 de Novembro de 2005 ás 9.38 pm e arquivouse en atlantico, intres, lingua, lugares, poesia. Podes seguir os comentarios desta anotación a través do fluxo RSS 2.0. Podes deixar un comentario, ou deixar un rastro desde o teu propio sitio web.

Deixa unha resposta