Búsola

busola

I

Acordei unha mañá
de cabelos na almofada
coa alma cheia de fados
e o leito feito nada.

Non, non estás.

II

Lembra-me todo o frio
que Sol bate na porta
indeciso para amar-te
como unha esponxa.

Es logo existo.

III

Duas mil léguas lonxe
de aqui a tua carabela
non son águas abondas
para a tumba da pardela.

Da Terra foxe.

IV

Outra vez vin-te aboiar
na cortiza do antonte
anque entre lágrimas diz
que as mágoas morren.

Hora de zarpar.

V

Dime Lua o que é
que me impulsa (sempre
mil veces sempre) con esta
fúria contra a rompente.

Que hás de saber.

VI

Ora salte a varanda
ora voen meus brazos
sempre estás no horizonte
onde nunca abeira barco.

Trincai a tralla!

VII

«A tristeza non ten fin»
da alma preta abrazo
e en pensando en volver
xeme o noso náufrago:

Ainda non morrin.

e VIII

Amante vou na ponte
outeando o salseiro
e ao abeiro da soidade
penso en dobrar o verso.

E o verso rompe.

9.05 pm

1 Comentario »

  1. [...] rexoubas, contos e lendas. Cociña eternamente prendida. A ilusión dunha meniña. Unha mañá de inverno na praia da illa. Nada novo baixo o sol. Porén… Todo un mundo propio por descubrir debaixo da auga. Piares na [...]

    Aviso (Pingback) por Calidonia » Cinema para hibernar — 2008-11-22 @ 9.40 am

RSS semente para comentarios a esta anotación. | TrackBack URI
You can also bookmark this on del.icio.us or check the cosmos

Deixa un comentario

XHTML ( You can use these tags): <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong> .

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture. Click on the picture to hear an audio file of the word.
Click to hear an audio file of the anti-spam word