I
Acordei unha mañá
de cabelos na almofada
coa alma cheia de fados
e o leito feito nada.
Non, non estás.
II
Lembra-me todo o frio
que Sol bate na porta
indeciso para amar-te
como unha esponxa.
Es logo existo.
III
Duas mil léguas lonxe
de aqui a tua carabela
non son águas abondas
para a tumba da pardela.
Da Terra foxe.
IV
Outra vez vin-te aboiar
na cortiza do antonte
anque entre lágrimas diz
que as mágoas morren.
Hora de zarpar.
V
Dime Lua o que é
que me impulsa (sempre
mil veces sempre) con esta
fúria contra a rompente.
Que hás de saber.
VI
Ora salte a varanda
ora voen meus brazos
sempre estás no horizonte
onde nunca abeira barco.
Trincai a tralla!
VII
«A tristeza non ten fin»
da alma preta abrazo
e en pensando en volver
xeme o noso náufrago:
Ainda non morrin.
e VIII
Amante vou na ponte
outeando o salseiro
e ao abeiro da soidade
penso en dobrar o verso.
E o verso rompe.
Esta anotación publicouse o Martes 8 de Novembro de 2005 ás 9.05 pm e arquivouse en atlantico, intres, lugares, poesia. Podes seguir os comentarios desta anotación a través do fluxo RSS 2.0. Podes deixar un comentario, ou deixar un rastro desde o teu propio sitio web.


