Arquivo de Novembro de 2005

Trainstopping ‘98 e ‘05

Data de publicación: 30 de Novembro de 2005
Category: denuncia, ecoloxia, economia, politica, revival

Rescatei este deseño que fixera no ano 98 para utilizar ao abrigo da campaña reivindicativa da Plataforma polo Camiños de Ferro na Galiza.
Retei ao amigo Artritris a que actualizase este vello cartaz a prol do ferrocarril, tren ou ferrobus, como aínda se lle chama pola miña terra, pois acho que o sentido da campaña segue […]

Música aleatoria

Data de publicación: 28 de Novembro de 2005
Category: estatistica, musica, poesia

Estraños cando nos coñecémos
nos dias antes do rock’n’roll.
É só un pensamento
ollando cara abaixo o meu reflexo.
Agora iso é o que eu chamo algo bo.
A miña pequena só se preocupaba de min,
coma un furacán.
- Iso é o que gosto de ti.
Ela aínda é un misterio,
unha sorte de retorno ao fogar.
O vento chora a María,
doce condena na […]

En volvendo á casa

Data de publicación: 28 de Novembro de 2005
Category: atlantico, intres, lingua, lugares, poesia

O meu camiño é:
paso decidido de antemán
que nunca dou
por medo a pisar raia
sombra que esvae nas lousas
mentres esvara
sobre si propia
claustro prohibido que enxergo
por cima do ferro labrado
último chanzo de prata
que aparece sen avisar
lufadas que me levan ao garete
cara á praza onde estalica a alma
pingas todas
que caen
coa música da que risca unha corda
seiroxa que delampa o […]

Sempre fica unha luz que nunca se apaga

Data de publicación: 23 de Novembro de 2005
Category: atlantico, contos, intres, lugares, revival

Outra noite que me dan as tantas sen deitarme. Xa van varios días que ando co sono cambiado, e a miña cara loce dende entón unhas magníficas olleiras que aínda entristecen máis a miña apariencia. Hai a quen lle parecen atractivas. A min si polo menos.
É inútil que intente deitarme cedo, non sería quen a […]

Sangue e rosas

Data de publicación: 23 de Novembro de 2005
Category: intres, lingua, poesia, revival

¿Cuál sería el menor?
¿Cuál de mis tesoros el mayor?
Me inclino por dudar
De los adjetivos la verdad.
ANTONIO VEGA
Escoita, deus dos ladróns, como moi a roda
e como as ancas da saraiva se doen no faiado.
Ainda por cima de ti,
firman-se senténcias nas beiras do horror,
e fan ben os meus en manter aceso o lar
até a hora da serpe […]

Ar arreo

Data de publicación: 14 de Novembro de 2005
Category: denuncia, politica

Veño de visitar o novo web de Arredemo. Aínda non o vin anunciado, nin nos blogues nin en Vieiros nin en ningures. E iso estráñame. Pois eu digo que hai que darlle bombo. Ok? Arredediós!

13N 3 anos despois

Data de publicación: 8 de Novembro de 2005
Category: atlantico, denuncia, ecoloxia, intres, lugares, politica, revival

Foto tirada hai 2 semanas
Praia do Trece
Trece de Novembro
Tres anos despois
Cemiterio dos Ingleses e de todos/as nós
Costa da Morte, Morte da Costa
Fai algo!
Maniféstate en Compostela este domingo 13 ás 12 da mañá na Alameda.

Búsola

Data de publicación: 8 de Novembro de 2005
Category: atlantico, intres, lugares, poesia

I
Acordei unha mañá
de cabelos na almofada
coa alma cheia de fados
e o leito feito nada.
Non, non estás.
II
Lembra-me todo o frio
que Sol bate na porta
indeciso para amar-te
como unha esponxa.
Es logo existo.
III
Duas mil léguas lonxe
de aqui a tua carabela
non son águas abondas
para a tumba da pardela.
Da Terra foxe.
IV
Outra vez vin-te aboiar
na cortiza do antonte
anque entre lágrimas diz
que as […]

Intre

Data de publicación: 8 de Novembro de 2005
Category: atlantico, intres, lugares, poesia

Guardan as estrelas a lua
e a nosa ameia na maré
a areia nua
da altura invexei
por nos ver viver doce
- onte -
Atravesan beixos de xelo
rizando o solpór
o fol do inverno
torna todo en temor
por non te levar lonxe
- hoxe -
No seio do son é tua a sorte
- morte -