Contra a xeada

Data de publicación: 14 de Outubro de 2005
Category: atlantico, ecoloxia, intres, raices

Licorca

Tiña escoitado moitas formas de chamarlle ao augardente, ese líquido enmeigante que neste país sempre acompaña ao café dunha sobremesa como Deus manda.

Así, téñolle ouvido chamar: caña, oruxo, as herbas, as gotas ou a vitamina. Tamén teño sentido referirse ao conxunto da brebaxe como café baptizado.

Pero nada me tiña resultado tan engrazado como o xeito en que hoxe sentín chamarlle: anticonxelante.

Admítense máis variantes. Re(s)posta!

Esta anotación publicouse o Venres 14 de Outubro de 2005 ás 6.39 pm e arquivouse en atlantico, ecoloxia, intres, raices. Podes seguir os comentarios desta anotación a través do fluxo RSS 2.0. Podes deixar un comentario, ou deixar un rastro desde o teu propio sitio web.

Deixa unha resposta