Metáforas eléctricas

Data de publicación: 30 de Setembro de 2005
Category: atlantico, denuncia, economia, politica

metaforas_electricas

Agora que os ollos miran ao ceo esperando o eclipse anular e un milagre en forma de goberno de verdade non está de máis facer un exercicio colectivo de recolocación e pensar en como se nos ve desde alá arriba.

Na NASA, non na sala senón nese desconcertante organismo gobernamental estadounidenseamericano que parece que si serve para algo (lembremos o Prestige) dei con esta reconstrución de imaxes nocturnas tiradas coa claridade que confire a distancia.

Unha metáfora eléctrica perfecta dese contedor, conteñedor ou contentor que é a Península Ibérica.

Agora que a cabeza pensa no Estatuto e máis na selección nacional de fútbol hai que admirarse de como na Meseta seguen a discutir do sexo do balón perante unha realidade tan pero tan evidente (obrigado máis unha vez, Camilo).

Xa o dicía Pierre Vilar na súa Historia de España. Outra vez desde fóra. Ten que vir un tipo da Franza a explicarlles aos españois como é que funciona esta xangada de pedra: unha tensión centrípeta de Castela e o dinamismo aperturista e centrífugo da periferia.

Dentro duns aniños os historiadores oficialistas han de descubrir Portugal.

Esta anotación publicouse o Venres 30 de Setembro de 2005 ás 5.21 pm e arquivouse en atlantico, denuncia, economia, politica. Podes seguir os comentarios desta anotación a través do fluxo RSS 2.0. Podes deixar un comentario, ou deixar un rastro desde o teu propio sitio web.

Deixa unha resposta