Daniela en Gouveia

Data de publicación: 3 de Setembro de 2005
Category: atlantico, intres, lugares, musica

daniela_en_gouveia

Como artellar unha escapada:

1. Averiguar a través da internet onde é o próximo show da Daniela Mercury. Resultado: Gouveia. Serra da Estrela. Portugal.

2. Situar no calendario: Festas de Nosso Senhor do Calvário, 13 de Agosto de 2005.

3. Pegar o calhambeque e ir embora.

4. Non prestar atención aos prezos do gasóleo.

5. Comprar no camiño unha nova cámara dixital (a anterior sumiu nunha terraza estival do centro histórico de Santiago). Descubrir con sorpresa que a tecnoloxía está máis barata en Portugal.

6. Non prestar atención ás catro columnas de fume que ascenden en estiramento vertical a ambos lados da autoestrada. Menos mal que non fai vento. (Por que todos os lumes están perto dos parques eólicos?)

7. Aterrar en Gouveia. Explicar con paciencia á rapaza en que consiste unha clara de limón. Á terceira tentativa optar por pedir a superbock e o limão por separado e facer eu a mistura.

8. Situarse o máis perto posíbel do escenario e facerlle un book á Daniela.

9. Non prestar atención ao enorme cartaz do candidato a revalidar a prefeitura, estratexicamente situado a un lado do escenario, a unha semana vista das autárquicas.

Esta anotación publicouse o Sábado 3 de Setembro de 2005 ás 1.14 pm e arquivouse en atlantico, intres, lugares, musica. Podes seguir os comentarios desta anotación a través do fluxo RSS 2.0. Podes deixar un comentario, ou deixar un rastro desde o teu propio sitio web.

Deixa unha resposta