Banda sonora para unha voda (rmx)

banda_sonora_para_unha_vodaPois non vai a miña cuñada e me pide que lles grave uns cedés para poñer de fondo durante os pinchos do banquete de voda?

Tremendo embolado. Claro que gosto de gravar recompilacións, subscribo ao 100% as verbas de John Cusak en High Fidelity, pero unha cousa é unha cousa e outra cousa non é tal…

Pero se nen sequera sei que música che gusta! A min? Gústame de todo. Algo tradicional, brasileiro… Escoita os 40, di meu irmán. Vale, vale o que queirades pero estades loucos.

De momento, mentres vou matinando en como saio desta e me fustigo, lacero e flaxelo porque vou perder os inescusábeis viños en Betanzos (no camiño desde a cerimonia ao banquete) por ter que organizar o pinchado cos do catering, déixovos esta lista de urxencia. A idea da listaxe deuma o blog Orballo e está dedicada de todo coração á xente do Imsomnia.

1 – Adriana Calcanhoto – Cariocas (Remix 96)
3 – Roberto Carlos – Calhambeque (DJ Remarky RMX)
2 – Mo’Horizons – Pé na estrada (Hit the road Jack)
4 – Rodamaal featuring Nicinha – Música feliz (Alex S Classic Club Mix)
5 – Daniela Mercury – Nobre vagabundo (Pulso Reggae Rádio Remix)
6 – Luka – Tô nem aí (Promo Remix)
7 – Marisa Monte – Amor I love you (DJ Pimpo Raggadance Remix)
8 – Carlinhos Brown – A Namorada (Dance Mix)
9 – Paulinho Moska – Falsa baiana (DJ)
10 – Sergio Mendes – Magalenha (Remix)
11 – Tribalistas – Já sei namorar (DJ Minduim Breakbeat Mix)
12 – Salomé da Baía – Tormento de Amor (DJ Gregory Remix)
13 – Adriana Calcanhoto – Maresia (Filipo DJ Mix)
14 – Daniela Mercury – Santa Helena (Remix)
15 – Marisa Monte & Motta – Ainda lembro (Remix)
16 – Adriane Garcia – Amor Perfeito (Radio Dance)
17 – Caetano Veloso – Você não me ensinou a te esquecer (Daniel G Mix)
18 – Br’oz – Prometida
19 – Marisa Monte – A sua (K2 Mix)
20 – Dança Brasil – Velha infância (Remix)

Por que os dilléis non falan galego?

Propoño unha campaña perefeitamente coordinada para toda a comunidade blogueira. Aduaneiros, Arredemos! Blogaliza esperta do teu sono! Regueifeiros/as á escea! María, que a Pita ao teu paso se axeonlle! Jei! Ac-ti-va-çã-o! Ghas!

Como din os Tonechos, comecemos o venres na Estrada e o sábado en Ordes. Admítense protestas expansivas.