Mamá, eu quero ser torista
Estou moi, moi cabreado. Un non pode ir ao súper e gastar 47 euros en froita, vexetais e lácteos. Estou moi, moi farto.
A culpa non é do súper, non. Nin de Auchan nin de Carrefour nin de Mondragón. A culpa é dos toristas, así con “o”. Nin turistas nin touristas nin touriñistas (moitos destes tamén é como se viñesen de fóra). Dos guiris, dos fodechinchos. Deles. Deles?
Non. Moi, moi non. A culpa é nosa, e non de Fenosa. Sempre botando as culpas pra os demais, sempre botando balóns fóra. Non. Cómpre comezar a botar pedras e balóns no noso tellado. A culpa é cousa nostra.
Da mafia esta dos políticos que nos gobernaron até o de agora.(Por favor, que teña que facer esta acotación moitas máis veces). Todo Dios a promocionar o turismo. O torismo é unha benzón. O torismo é a solución. O torismo ao mogollón. O torismo cabrón.
Torismo. Há! Fame para hoxe. Beneficios estacionais. Traballo precario. Externalidades permanentes. Paisaxe aniquilada. Rías ao carallo.
Mamá, eu quero ser torista. Non quero que veñan os toristas.
Velaí o verdadeiro desenvolvemento.
P.D.: Outro día fálovos de como diferenciar o torismo da mobilidade sistémica.
Non hai comentarios »
Aínda non hai comentarios.
RSS semente para comentarios a esta anotación.
| TrackBack URI
You can also bookmark
this on del.icio.us or check the cosmos