Este conto de parte de meu pai
Cruzabamos As Pías e moitas ducias de embarcacións andaban á rañoa.
- Que fan?, dixo Ludger.
- Collen ameixas, dixemos.
- Ameixas? Desas negras?
- Non, non, eses son os mexillóns. Son das outras, grises e brancas.
- Ah!, xa sei, xa. De quen son?
- …?
- Como que de quen son?
- Claro, quen é o dono?
- Ninguén é o dono.
- Teñen que ser de alguén, rosmaba Ludger.
- Non, non, son de todos.
- Do Estado?
- Non, ben…son de quen as colle.
- De quen as colle? Pero, antes?
- …?
- E quen as pode coller?
- Ben, hai uns censos e unhas autorizacións.
Ludger era -é- un alemán culto, empresario exitoso e navegante solitario que coñecimos hai uns cantos anos por mor do traslado do seu iate de Cork á Coruña, e do seu desexo de ir a Asturias, a Xixón.
Levámolo até o tren de FEVE, coas correspondentes coñas sobre a súa frecuencia de descarrilamentos e avarías.
Volveu abriado.
- …paraba en todas as casiñas, e tamén mesmo onde non había casiñas…
E contento:
- …comín tortilla, e empanada, e queixo, déronme froita, viño, fixen amigos…
Todo durante 10 horas de viaxe, o único xeito daquela -e hoxe- de viaxar de Ferrol a Xixón en transporte Público.
- É máis rechamante -dixo- o asunto das ameixas.
1 Comentario »
RSS semente para comentarios a esta anotación.
| TrackBack URI
You can also bookmark
this on del.icio.us or check the cosmos
bonita historia!:D
Comentario por
Aultre Narai — 2005-07-11 @ 12.32 am