Este conto de parte de meu pai

Data de publicación: 8 de Xullo de 2005
Category: atlantico, contos, denuncia, lugares, raices

este_conto_de_parte_de_meu_paiCruzabamos As Pías e moitas ducias de embarcacións andaban á rañoa.

- Que fan?, dixo Ludger.
- Collen ameixas, dixemos.
- Ameixas? Desas negras?
- Non, non, eses son os mexillóns. Son das outras, grises e brancas.
- Ah!, xa sei, xa. De quen son?
- …?
- Como que de quen son?
- Claro, quen é o dono?
- Ninguén é o dono.
- Teñen que ser de alguén, rosmaba Ludger.
- Non, non, son de todos.
- Do Estado?
- Non, ben…son de quen as colle.
- De quen as colle? Pero, antes?
- …?
- E quen as pode coller?
- Ben, hai uns censos e unhas autorizacións.

Ludger era -é- un alemán culto, empresario exitoso e navegante solitario que coñecimos hai uns cantos anos por mor do traslado do seu iate de Cork á Coruña, e do seu desexo de ir a Asturias, a Xixón.

Levámolo até o tren de FEVE, coas correspondentes coñas sobre a súa frecuencia de descarrilamentos e avarías.

Volveu abriado.

- …paraba en todas as casiñas, e tamén mesmo onde non había casiñas…

E contento:

- …comín tortilla, e empanada, e queixo, déronme froita, viño, fixen amigos…

Todo durante 10 horas de viaxe, o único xeito daquela -e hoxe- de viaxar de Ferrol a Xixón en transporte Público.

- É máis rechamante -dixo- o asunto das ameixas.

Esta anotación publicouse o Venres 8 de Xullo de 2005 ás 1.53 pm e arquivouse en atlantico, contos, denuncia, lugares, raices. Podes seguir os comentarios desta anotación a través do fluxo RSS 2.0. Podes deixar un comentario, ou deixar un rastro desde o teu propio sitio web.

Un comentario a “Este conto de parte de meu pai”

#1

bonita historia!:D

Deixa unha resposta