San Pedro, o mellor bairro do mundo

san_pedro

San Pedro, o mellor bairro do mundo. Xa o plasmaron nas camisolas os de Oncevaras.

Non sei se será o mellor. Pero debe ser dos pouquiños que polo patrón en vez de engalanarse con faixas rojigualdas ou fitas de cores enche os balcóns con bandeiras de Europa. Tal e como está a cousa por aí fóra/aquí dentro di moito e bon do barrio. Nin si nin non, mais festa a rachar.

Ceamos no 16 e, coma sempre para estas cousas, estivo moi ben. Como bos internacionalistas que somos, xentes de Bretoña, Fene, Melide, Narón, Ourense, Santiago, Tomiño, Vigo, Viveiro... fixemos apoloxía do Azpilicueta e mesmo chegamos a facer un conato de cantada. E ao sairmos, verbena, ambigu e Lamatumbá. Había tempo que non disfrutaba tanto.

Álvaro o colombiano arrancouse cando desde o palco soaba se va el caimán, se va el caimán, se va pa' la Barranquilla...

San Pedro, as portas do ceo.

Chuzame! chúzame -
4.58 pm

Non hai comentarios »

Aínda non hai comentarios.

RSS semente para comentarios a esta anotación. | TrackBack URI
You can also bookmark this on del.icio.us or check the cosmos

Deixa un comentario

XHTML ( You can use these tags): <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong> .