Os rostros da felicidade
Data de publicación: 27 de Xuño de 2005Category: denuncia, intres, lugares, politica, rede
Onte. Os de case 400 persoas segundo os medios e 100 segundo os organizadores. O mundo ao revés, non é?
Os das persoas que participamos na cadea humana para unir as estátuas de Castelao e de Pablo Iglesias en Compostela. Máis que unha cadea eramos o ADN da nova Galiza que agroma. Ben, tamén eramos un bocadiño friquis. Si, señor/a, comézame a gustar isto de ser libre, de facer e dicir un o que lle peta. Ou sexa de ser feliz.
Ninguén dos partidos políticos por alí, pero moito/a afiliado/a e simpatizante de PSOE, BNG e IU. Seguro que alguén máis doutras organizacións e a maioría sen adscrición. A procesión inversa, a Grata Compaña. Eses eramos nós.
Que celebrades?, preguntou un vello da alameda. Que gañamos nós, dixen eu. Quen? o PP?, inquiriu. Non, nós, rematei.
Fraga apunta, vas marchar da Xunta. O voto emigrante non é o importante. Xa gañamos nós coa música do we shall overcome (someday). O día foi o 19. Desta xa foi. Desta si, gañamos nós. Saltamos e berramos e case cantamos o Carmiña Burana. Houbo xente que se sumou nas rúas e nas xanelas.
Chamoume a atención unha parella de rapaces. Puxéronse a berrar ao pasarmos con aquilo de adiante a coalición, PP á oposición. Bramaron en ton retador algo de Galiza ceibe poder popular e iso. Que peniña. De quen virían sendo? Lémbráronme a algúns que saíron no TV o Domingo.
Ao fin chegamos. O Sempre en Galiza diante de Pablito. Faltou o cravo ou a rosa no de Castelao, mais como dixo o rapaz os domingos non abren as floristerías. E o Concello de Santiago non se anda con chiquitas niso de danar o patrimonio municipal, engado eu.
Suso de Toro, presente. Como non. Inxustamente vilipendiado polos fundamentalistas deste País. Que vaian tomar vento! Uns e outros.
O rostro da felicidade. O rostro que se me acaba de quedar seguindo o reconto do voto emigrante. O dito. De Ourense non se sabe nada aínda pero nin Dios move xa o de Pontevedra. Fodervos feixistas! Ide ladrar o voso rancor polas esquinas.
Etiquetas: eleccions, galiza, celebracion, cadea
Esta anotación publicouse o Luns 27 de Xuño de 2005 ás 10.47 pm e arquivouse en denuncia, intres, lugares, politica, rede. Podes seguir os comentarios desta anotación a través do fluxo RSS 2.0. Podes deixar un comentario, ou deixar un rastro desde o teu propio sitio web.


