Romance do saurio entristecido

I

Á tardiña, cando a néboa peche a boca da ría, facendo dela unha longa lenda escocesa na que o sol brilla pola túa ausencia, meu animal sairá, na procura da risa.

A carón do vello peirao abandonado perderase no chou das vagas, trazando co seu compás a distancia nos mapas, mentres Debussy soña, sentado na grua-pórtico de Astano.

No breve espazo que anegan tres lúas cheas en catro tempos nos lembra bailando, nas rochas, no parque, na festa, nos castros. Mais só do primeiro gardo aires alleos á tormenta.

II

Ti marchaches, e eu fiquei ido. Home de nengures en terra de ninguén, xogando a solitario coas cartas que che dei. Ou se cadra podía ser un libro, escrito para non sei ben quen.

Arroupoume o orballo criadoiro, no remorso dunha ollada varada no porto, co dilema de desafiar á amizade e a soa testemuña da cidade, velando armas, co mar de fondo.

III

Entón, o saurio enfiou a ribeira bordando en auga a túa imaxe, e me levou ao barrio alto dos pescantes, ensombrado ainda das fogueiras que outrora prendían ao navegante.

Estraña nau aquela, sen mastros, ponte nen cuberta. Non sendo a adega de lumes humidosos diríase que un dioivo de pedras tivese estragado o meu agoiro.

IV

El quixo botarme un cabo, pero eu conteille unha historia, a do seixo que brincaba unha vez mais outra, para ledicia da meniña, até caer afogado. Chorou, si. Mais seguiu teimando.

Veño de velo apostar co meu fado na baiuca que no Outono teríamos un novo almanaque, e un escaravello marelo selvaxe, o sexto contador dos ventos que sulcan a fértil periferia das marxes.

Seica ten pensado emprender a viaxe, a dúas veces milenaria ruta das lampreas, dende o Ártabro ata onde morre o Pai da Terra, u remexen maré e corrente. Avante, canda o presente madureiro das videiras.

V

Alén do devalo da boa chuvia, os encoros ergueitos polas malas dúbidas cunha folerpa de inocencia estalan, nunha fervenza de xerfa e a música dun alalá co que se regalan as montañas.

En caendo a noitiña sobre a cunca dourada, dos meus desexos forxada, há de abeirar ao canedo, e baixo a ponte, silandeiro, contemplará a nosa amiga, miña amada.

Un só raio do luar abondaralle para ver, un lóstrego no mar chegarame para saber. No santuario do primeiro misterio un trasno xa ten feito do meu reino unha lasquiña de ceo.

e VI

E cando as reticencias brillen enfronte, decatareime de que a noite no colo tenme collido, profundando nos teus ollos, deles prendido, e sentindo, coma onte, o tambor do home, lembrarei o teu sorriso.

2.11 pm

1 Comentario »

  1. Pois benvido o autobombo con lerias así!

    29 de abril do 2005!
    faltaban a penas un par de mesas, para que eu empezara a facer dos meus insomnios blogue!

    Graciñas por este regalo de cumpreanos!

    IV

    El quixo botarme un cabo, pero eu conteille unha historia, a do seixo que brincaba unha vez mais outra, para ledicia da meniña, até caer afogado. Chorou, si. Mais seguiu teimando.

    Veño de velo apostar co meu fado na baiuca que no Outono teríamos un novo almanaque, e un escaravello marelo selvaxe, o sexto contador dos ventos que sulcan a fértil periferia das marxes.

    Seica ten pensado emprender a viaxe, a dúas veces milenaria ruta das lampreas, dende o Ártabro ata onde morre o Pai da Terra, u remexen maré e corrente. Avante, canda o presente madureiro das videiras.

    V

    Alén do devalo da boa chuvia, os encoros ergueitos polas malas dúbidas cunha folerpa de inocencia estalan, nunha fervenza de xerfa e a música dun alalá co que se regalan as montañas.

    En caendo a noitiña sobre a cunca dourada, dos meus desexos forxada, há de abeirar ao canedo, e baixo a ponte, silandeiro, contemplará a nosa amiga, miña amada.

    Un só raio do luar abondaralle para ver, un lóstrego no mar chegarame para saber. No santuario do primeiro misterio un trasno xa ten feito do meu reino unha lasquiña de ceo.

    e VI

    E cando as reticencias brillen enfronte, decatareime de que a noite no colo tenme collido, profundando nos teus ollos, deles prendido, e sentindo, coma onte, o tambor do home, lembrarei o teu sorriso.

    Estos versos, poreinos miño abaixo!

    Comentario por insomniorizar — 2008-08-29 @ 12.34 pm

RSS semente para comentarios a esta anotación. | TrackBack URI
You can also bookmark this on del.icio.us or check the cosmos

Deixa un comentario

XHTML ( You can use these tags): <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong> .

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture. Click on the picture to hear an audio file of the word.
Click to hear an audio file of the anti-spam word