Dríptico

Data de publicación: 9 de Abril de 2005
Category: intres, lingua, lugares, poesia

Xeadas de lenzo en metro e meio
à espera dunha raiola
do expreso de medianoite.

Xeira e vendima de bágoas
nos socalcos do sentimento
con lua de xofre sobre os montes.

Xogos de visgo paixón
e probabilidade cero
os seus ollos esconden.

Xolda e cantigas a deshora,
nas marxes da cunca do Ribeiro
unha arela me envolve.

Xemidos contra movementos
de vaivén nas valgas
douradas do teu corpo de fonte.

Xaz recente un mistério
no minifúndio do corazón,
o desexo de erosión a morte.

luar

Esta anotación publicouse o Sábado 9 de Abril de 2005 ás 1.18 pm e arquivouse en intres, lingua, lugares, poesia. Podes seguir os comentarios desta anotación a través do fluxo RSS 2.0. Podes deixar un comentario, ou deixar un rastro desde o teu propio sitio web.

Deixa unha resposta