Romance do saurio entristecido
Data de publicación: 29 de Abril de 2005Category: atlantico, contos, intres, lingua, lugares, poesia, revival
I
Á tardiña, cando a néboa peche a boca da ría, facendo dela unha longa lenda escocesa na que o sol brilla pola túa ausencia, meu animal sairá, na procura da risa.
A carón do vello peirao abandonado perderase no chou das vagas, trazando co seu compás a distancia nos mapas, mentres Debussy soña, sentado na grua-pórtico […]
