Entre os Castelos da Ría (soño)
Data de publicación: 31 de Marzo de 2005Category: atlantico, lingua, lugares, poesia, raices
Sou un pirata
irmán da costa
corsário da composición
filibusteiro aliterado
versado no litoral das palabras
na beleza das profundidades
ancorado
curtido en mil batallas
coa razón do corazón
e o sabor do pecado
ventureiro das ondas sou
na procura dunha abordaxe
à tua beira
Esta anotación publicouse o Xoves 31 de Marzo de 2005 ás 12.38 pm e arquivouse en atlantico, lingua, lugares, poesia, raices. Podes seguir os comentarios desta anotación a través do fluxo RSS 2.0. Podes deixar un comentario, ou deixar un rastro desde o teu propio sitio web.


Un comentario a “Entre os Castelos da Ría (soño)”
Tes textos interesantes no teu blog.. noraboa
saúdos