A Xosé María Pérez Parallé
(in memoriam)
Hei unha amiga
na beiramar das ostreiras
Subila hei a respirarmos
a noitiña das fervenzas.
Hei unha amada
no horizonte das chorimas
Baixala hei a bebermos
a alborada de entrerrías.
Sei dunha verea
que vai do monte á praia.
Aí dei comigo un día.
Aí vos erguín a morada.
Esta anotación publicouse o Xoves 17 de Marzo de 2005 ás 9.28 pm e arquivouse en atlantico, lingua, poesia, raices. Podes seguir os comentarios desta anotación a través do fluxo RSS 2.0. Podes deixar un comentario, ou deixar un rastro desde o teu propio sitio web.

