Blue Hotel
Data de publicación: 14 de Marzo de 2005Category: contos, denuncia, economia, lingua, lugares, raices
Os vellos quixeron abrir un hotel a carón do vello estaleiro. Investiron os aforros da vida e a cousa non saíu ben.
Ao principio o luminoso era o máis grande da volta. E o mais vistoso, colocado acima do tellado. Cada letra era coma un home de alto.
Pero ao pouco de abrir un temporal deitou o ‘L’ sobre as tellas e desde a estrada só se podia ler ‘HOTE’.
O letreiro levaba anos igual, coma o negocio. O hotel non rendía, seguro non había, e o instalador non quería saber ren. O ‘L’ permanecía alí tumbado e esquecido, exactamente como debería estalo un seu outro parente.
Pasou o tempo, e outro día ao pasar no coche pola estrada fixeime de novo no hotel e no letreiro. O ‘L’ seguía como de costume. Pero había novidades. Só o ‘E’ permanecía en pé. O resto do letreiro desaparecera.
Seguín a conducir, mais non puiden evitar pensar que os vellos debían ter vendido as letras que faltaban para gañar uns cartiños. Non creo que fosen parar a outro hotel.
Nunha suxa e vella cidade industrial norteña o negocio que funciona non é ese.
Esta anotación publicouse o Luns 14 de Marzo de 2005 ás 1.04 pm e arquivouse en contos, denuncia, economia, lingua, lugares, raices. Podes seguir os comentarios desta anotación a través do fluxo RSS 2.0. Podes deixar un comentario, ou deixar un rastro desde o teu propio sitio web.

