Hawkmoon #269

Data de publicación: 7 de Marzo de 2005
Category: lingua, musica, poesia

Transpirada na canción de Bono / U2

Como a terra precisa o mar
Como a cidade o despertar
Coma o luar o solpór
Lua de Falcón
Necesito o teu amor

Coma un vinilo de Piazzola
Como as ponlas do cereixeiro
Como a música da harpa
Coma o vento
Necesito o teu amor

Como a túa compaña
ou fuxir contigo
Coma o café de pota
Coma o viño
Preciso o teu amor

Como a nosa pele
necesita rozar a mediana
Coma o que non se amaña
necesita caña
Necesito o teu amor

Coma o rio quer pontes
Como a língua mestres
Como a nación en cerne
Como a semente
Necesito o teu amor

Coma o contrabando de herba
Coma os furtivos a ameixa
Como unha chúvia de estrelas
Coma o camiño as pedras
Como unha compra unha venda
Coma o vento nas velas
Coma un muro cen fendas
Como a Natureza

Coma o lume unha faísca
Como a verdade unha mentira
Eu necesito o teu amor

Esta anotación publicouse o Luns 7 de Marzo de 2005 ás 7.20 pm e arquivouse en lingua, musica, poesia. Podes seguir os comentarios desta anotación a través do fluxo RSS 2.0. Podes deixar un comentario, ou deixar un rastro desde o teu propio sitio web.

Deixa unha resposta