Entre os Castelos da Ría (soño)
Data de publicación: 31 de Marzo de 2005Category: atlantico, lingua, lugares, poesia, raices
Sou un pirata
irmán da costa
corsário da composición
filibusteiro aliterado
versado no litoral das palabras
na beleza das profundidades
ancorado
curtido en mil batallas
coa razón do corazón
e o sabor do pecado
ventureiro das ondas sou
na procura dunha abordaxe
à tua beira
